eldígoras

concursos y premios

Visita el nuevo Eldígoras dedicado a los certámenes, concursos y premios literarios

Sección que irá creciendo durante los próximos días con la actualización de antiguas secciones y nuevos contenidos: http://www.eldigoras.com/txp/

Premio Valle-Inclán 2008

O Presidente desta Deputación Provincial, mediante resolución presidencial núm. 929 de data 28 de xaneiro de 2008, aprobou as seguintes bases:

PREMIO VALLE-INCLÁN 2008

A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, dentro da súa actividade de promoción cultural e para lle render unha homenaxe permanente á vida e obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, ilustre fillo da provincia de Pontevedra, convoca a cuarta edición do premio que leva o seu nome, que, atendendo ás disposicións do regulamento correspondente, se rexerá polas seguintes

B A S E S

Primeira
A convocatoria é para estudos que versen e profunden en calquera aspecto da vida ou da obra de Valle-Inclán dende un punto de vista cientifico.

Segunda
O premio estará dotado coa cantidade de vinte e catro mil (24.000,00) euros, que se achegará con cargo á partida 08/451.451.481.01 do orzamento provincial. O xurado poderá decidir deixalo deserto ou ben conceder cantos accésits considere con esta contía global.

Terceira
Os traballos deberán ter as seguintes características:

A presentación poderá facerse baixo lema ou pseudónimo, caso no que se achegará a correspondente identificación do autor nun sobre aparte.

Cuarta
A presentación das solicitudes por parte dos candidatos farase no rexistro xeral desta Deputación a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o día 20 de agosto de 2008, aceptando os interesados as condicións establecidas nela.

Rematado este prazo a Secretaría Xeral da Deputación expedirá unha certificación dos traballos presentados que se lle entregará ó xurado xunto coa documentación correspondente.

A cada traballo presentado xuntaránselle cantos documentos se consideren de interese para un mellor coñecemento de cada un dos candidatos.

Quinta
Para adxudicar o premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un xurado integrado polos seguintes membros:

Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros e resolverá todas as incidencias que se presenten, as súas decisións serán inapelables e poderá, así mesmo, solicitar a axuda de asesores especialistas na materia.

Sexta
O xurado analizará os traballos presentados con liberdade de criterios, valorando, especialmente, aqueles aspectos que supoñan unha contribución ó estudo da vida e a obra de Valle-Inclán ou a súa relación con Galicia.

Da decisión do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada por todos os membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do presidente da Deputación de Pontevedra, ou ó órgano competente en quen delegue.

Sétima
A entrega do premio realizarase en Vilanova de Arousa e na data que determine o presidente da Deputación, nun acto solemne e coa asistencia dos membros do xurado, así como de personalidades das artes e as letras.

Xunto co premio, o/a galardoado/a recibirá un diploma e unha copia da acta da reunión do xurado.

Oitava
Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo do xurado, a Deputación promoverá a publicación do traballo premiado.

Os traballos que non resulten galardoados poderán retirarse no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a data da resolución do concurso, pasados os cales quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas.

http://www.depontevedra.es/?1,14987

Responsabilidad

Eldígoras recomienda consultar las bases oficiales de cada premio.
Eldígoras no asume ninguna responsabilidad derivada de los datos publicados, que se ofrecen como un servicio más del portal, sin otro interés que el de apoyar toda actividad cultural. Siempre que es posible se ofrecen datos para el acceso a las convocatorias originales.

eldígoras.com - regreso a la página principal
eldígoras.com  |  Sobre Eldígoras  |  Mapa del sitio  |  Accesibilidad  |  Política de privacidad  |  Aviso Legal  |  Contacto  |  © 2001 Fco. Javier Cubero  |  principio de la página

 .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .