Premio Valle–Inclán 2007
A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 2 de febreiro de 2007, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
PREMIO VALLE-INCLÁN 2007
A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, dentro das súas múltiples actividades no eido da cultura, convoca a cuarta edición do Premio "Valle-Inclán" que, atendendo ás disposicións do regulamento correspondente, se rexerá polas seguintes
BASES
1.- A convocatoria é para estudos que versen e profundicen en calquera aspecto da vida ou da obra de Valle-Inclán dende un punto de vista cientifico.
2.- O premio estará dotado coa cantidade de vinte e catro mil euros (24.000,00 €) que se achegará con cargo á partida 07/451.451.481.01 do orzamento provincial. O xurado poderá decidir deixalo deserto ou ben conceder cantos accésits considere con esta contía global.
3.- Os traballos deberán ter as seguintes características:
- Ser orixinais e inéditos.
- Deberán estar redactados en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Presentaranse cinco exemplares mecanografados a dobre espazo.
A presentación poderá facerse baixo lema ou pseudónimo, neste caso achegarase a correspondente identificación do autor nun sobre aparte.
4.- A presentación das solicitudes por parte dos candidatos farase no rexistro xeral desta Deputación a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia (BOP) ata o día 31 de xullo de 2007, aceptando os interesados as condicións establecidas na mesma.
Rematado este prazo, a Secretaría Xeral da Deputación expedirá unha certificación das propostas presentadas que se lle entregará ó xurado xunto coa documentación correspondente.
A cada solicitude ou proposta xuntaránselle cantos documentos se consideren de interese para un mellor coñecemento de cada un dos candidatos.
5.- Para adxudicar o premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un xurado integrado polos seguintes membros:
- Presidente:
Presidente da Deputación ou deputado en quen delegue.
- Vogais:
- Alcalde-presidente do concello de Vilanova de Arousa.
- Presidente da Comisión de Cultura.
- Un representante de cada un dos seguintes organismos:
- Consellería de Cultura e Deporte.
- Consello da Cultura Galega.
- Fundación Valle-Inclán.
- Tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio intelectual e académico. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue.
Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros e resolverá todas as incidencias que se presenten, as súas decisións serán inapelables e poderá, así mesmo, solicitar a axuda de asesores especialistas na materia.
6.- O xurado analizará os traballos presentados con liberdade de criterios, valorando, especialmente, aqueles aspectos que supoñan unha contribución ó estudo da vida e a obra de Valle-Inclán ou a súa relación con Galicia.
Da decisión do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada por tódolos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do presidente da Deputación de Pontevedra, ou o órgano competente en quen delegue, para prestarlle a súa conformidade.
7.- A entrega do premio realizarase no lugar e a data que determine o presidente da Deputación, nun acto solemne e coa asistencia dos membros do xurado, así como de personalidades das artes e as letras.
Xunto co premio, o/a galardoado/a recibirá un diploma e unha copia da acta da reunión do xurado.
8.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo do xurado, a Deputación promoverá a publicación do traballo premiado.
Os traballos que non resulten galardoados poderán retirarse no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a data da resolución do concurso, pasados os cales quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas.
Pontevedra, 7 de febreiro de 2007
http://www.depontevedra.es/?1,12809
Responsabilidad
Eldígoras recomienda consultar las bases oficiales de cada premio.
Eldígoras no asume ninguna responsabilidad derivada de los datos publicados, que se ofrecen como un servicio más del portal, sin otro interés que el de apoyar toda actividad cultural. Siempre que es posible se ofrecen datos para el acceso a las convocatorias originales.