eldígoras

concursos y premios

Visita el nuevo Eldígoras dedicado a los certámenes, concursos y premios literarios

Sección que irá creciendo durante los próximos días con la actualización de antiguas secciones y nuevos contenidos: http://www.eldigoras.com/txp/

cierre

01

03 /09

Certame de Narracións breves "Manuel Murguía"

O Concello de Arteixo, para contribuír ó desenvolvemento da narrativa galega e honrar ó noso Patriarca, convoca con carácter anual o Premio "Manuel Murguía"

BASES

  1. Poderán concorrer tódolos autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
  2. Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior ós 15 folios nin superior ós 30, escritas con letra corpo 12 e en tamaño DIN A4.
  3. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espacio, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Ademais, achegaranse nun sobre pechado o título, lema, nome, enderezo, teléfono e currículo do autor.
  4. As obras deben enviarse facendo constar no sobre "18º Certame Manuel Murguía de Narracións Breves" , antes do 1 de marzo de 2009 ó seguinte enderezo.

    Concello de Arteixo
    Praza Alcalde Ramón Dopico, nº1
    15142 - Arteixo (A Coruña)

  5. Establécese un único premio dotado con 3665 euros, sometido á correspondente retención. O galardón pode declararse deserto ou ser repartido "ex aequo" entre dous autores.
  6. O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2009.
  7. Elixiranse 3 finalistas que deberán estar presentes o día da entrega do Premio.
  8. Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo de un mes a partir do fallo.
  9. O/s autor/es premiado/s renuncia/n ós seus dereitos no caso de que o Concello de Arteixo edito o/s texto/s e se fixer outras edicións fará constar que foi premiado neste certame.
  10. A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ao xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.

http://www.arteixo.org/servicios/cultura/2009/manuel2009.html

 

Responsabilidad

Eldígoras recomienda consultar las bases oficiales de cada premio.
Eldígoras no asume ninguna responsabilidad derivada de los datos publicados, que se ofrecen como un servicio más del portal, sin otro interés que el de apoyar toda actividad cultural. Siempre que es posible se ofrecen datos para el acceso a las convocatorias originales.

eldígoras.com - regreso a la página principal
eldígoras.com  |  Sobre Eldígoras  |  Mapa del sitio  |  Accesibilidad  |  Política de privacidad  |  Aviso Legal  |  Contacto  |  © 2001 Fco. Javier Cubero  |  principio de la página

 .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .