eldígoras

concursos y premios

Visita el nuevo Eldígoras dedicado a los certámenes, concursos y premios literarios

Sección que irá creciendo durante los próximos días con la actualización de antiguas secciones y nuevos contenidos: http://www.eldigoras.com/txp/

Primeiro Premio de Poesia «María Mariño»

Fallado o Premio de Poesia Maria Mariño

[Teo-6-5-07] Este sábado tivo lugar en Teo o fallo do Premio de Poesia Maria Marino convocado pola Asociación Teenses Póla Igualdade e patrocinado pola compostelana librería, Follas Novas.

Un xurado de luxo composto por Marilar Aleixandre poeta , Salvador Garcia Bodaño, escritor e membro da Real Academia Galega, Xosé Amancio Liñares Girau, escritor, Camiño Noia escritora e Helena Villar presidenta do Padroado Rosalia de Castro, decidiron elexir como gañador dos 1.000 euros correspondentes o primeiro premio, a Adolfo Caamaño Vázquez polo poema entitulado "Elexía dos Aléns". Resultou gañador do segundo premio dotado com 500 euros, Marcelino Sixto Deibe que se presentou co poema "Xinete no cabalo da memoria".

Tanto o Xurado como a representante de Teenses Pola Igualdade, Rosa Gómez Limia manifestaron a súa satisfacción pólo alto grado de participación a este Primeiro Premio o que se presentaron 83 traballos procedentes de diversos puntos xeográficos da Penínsulacomo tamén do extranxeiro.

Nun solemne acto a celebrar o vindeiro 18 de maio no Pazo de Adrán de Teo Calo terá lugar a entrega dos galardóns os gañadores.

 

Información de archivo

A Asociacion TEENSES POLA IGUALDADE de Teo (A Coruña)
convoca o
Primeiro Premio de Poesía " María Mariño"
de acordo coas seguintes

BASES

1º.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade sempre que o seu traballo veña escrito en galego.

2º.- Os poemas que se presenten terán que ser orinxinais, inéditos e non presentados noutros concursos sendo libres o tema e maila forma.

3º.- O Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun: Primeiro Premio de 1.000 Euros e un Segundo Premio de 500 Euros.

4º.- Cada concursante participará cun só poema, que non deberá exceder dos CEN VERSOS e presentarase mecanografado a dobre espacio en formato DIN-A4, por unha soa cara e quintuplicados.

5º.- Os poemas deberanse presentar baixo lema, indicando "PARA O PRIMEIRO PREMIO DE `POESÍA MARIA MARIÑO".En sobre aparte, pechado lacrado que se acompañará ao traballo, deberá figurar o nome, apelidos carnet de identidade enderezo, teléfono, da persoa autora do traballo así coma un resumo dos seus datos biográficos que non deberá exceder das 15 liñas.

6º.- O Xurado cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galegas côa asistencia dunha persoa copn voz e sem voto encargada de levantar o acta, propostos póla directiva da Asociación, e o seu fallo será inapelable. A composición do Xurado así como o nome dos galardonados darase a coñecer a través dos medios de comunicación. Aos premiados comunicaráselles directamente. A entrega dos Premios terán lugar nun acto poético en dia a sinalar dentro da Semana das Letras Galegas 2007.

7º.- O Premio María Mariño de Poesía convocarase en Decembro de cada ano. O prazo improrrogable de presentación rematará as 12 hotras do 15 de marzo do 2007. Os poemas remitiranse a Asociación Teenses Pola Igualdade/ Escola de Vilanova, 1º andar. Recesende 15895 TEO (A Coruña).

8º.- Os traballos presentados non premiados deberán ser retirados no plazo de dous meses dende a entrega do Premio.e destruiranse unha vez transcurrido o mesmo.

9º.- O poemas premiados quedarán en poder da Asociación Teenses Pola Igualdade, que se reserva o dereito de publicalos cando o estime conveniente.

10º.-A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes

Bases. Tódalas incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva da Asociación ou polo Xurado cando este quede constituido.

Cabe destacar que o Primeiro Premio de Poesia Maria Mariño está patrocinado pola Librería Follas Novas de Santiago de Compostela

http://www.teensespolaigualdade.org/

 

Responsabilidad

Eldígoras recomienda consultar las bases oficiales de cada premio.
Eldígoras no asume ninguna responsabilidad derivada de los datos publicados, que se ofrecen como un servicio más del portal, sin otro interés que el de apoyar toda actividad cultural. Siempre que es posible se ofrecen datos para el acceso a las convocatorias originales.

eldígoras.com - regreso a la página principal
eldígoras.com  |  Sobre Eldígoras  |  Mapa del sitio  |  Accesibilidad  |  Política de privacidad  |  Aviso Legal  |  Contacto  |  © 2001 Fco. Javier Cubero  |  principio de la página

 .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .   .